Animais imperceptibles
Luaces, Xaime - martes, 12 de abril de 2011
Os humáns, obnubilados polo noso desatino mercantilista, valoramos aos outros animais, tanto polo seu volume (materia graxa) coma pola súa rendabilidade (producións diversas). Entre nós mesmos, antano, era outro tanto (en materia graxa só coma obxeto sexual) ata que o diñeiro nos veu a facer atractivos, xa que guapos, a maior parte das veces, é imposible.
O diñeiro tamén aportou desconfianza (cousas da competencia) circunstancia que fixo transcender, que ao non poder espallar o afecto entre nós, provócase a creación dun aberrante tipo de animais para dárllelo.
Os galegos, os que somos, somos un pobo animista onde cada animal ocupa o seu lugar. Na sociedade chamada civilizada, exercemos de patróns dos outros animais e de miserables entre nós.
Nas fragas onde medra o frescor (cada vez menos) que aporta renovada vida á civilización, habitan os animais salvaxes é dicir, en toda a súa esencia-. Pola contra, os humáns asilvestrados habitan na sociedade civilizada. Situación que poida seren o que traba unha boa curtición dela.
O que me trae aquí non é outra que chamar a atención do desprezo, cando non da indeferenza, que amosamos cara os animais pequerrechiños; ben é certo que non son rendibles coma a carne, e memo é difícil collerlle agarimo a un piollo pato (por exemplo).
Máis sería bon ter presente que sen estes animais, ás veces microscópicos, a nosa vida non sería posible.
Barón de Herbón Xan da Tolda

Luaces, Xaime
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora