Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Representantes

lunes, 11 de abril de 2011
Sindicais, municipais, autonómicos, nacionais ou europeos, un representante é un representante. O que resulta electo recibe unha encomenda honrosa e difícil, que ten que esforzarse en levar con dignidade todos os días da súa representación.
E sen embargo, os representantes non comprenden porque non son comprendidos, por que non se lles quere. A clase política é unha das máis denostadas e mesmo se presenta como un problema cando tiña que ser a solución.
Na administración da Xunta de Galicia vai haber eleccións de representantes do persoal o próximo día 14; en maio, elixiremos os edís membros dos concellos galegos; en 2012 están previstas eleccións xerais... e así sucesivamente.
O ultimo exemplo de alonxamento de representantes dos seus representados foi non hai moitos días cando os eurodeputados españois do PP e do PSOE se negaron a viaxar en clase turista e votaron porque se mantivera o privilexio de voar en primeira clase, sen darse conta de que a inmensa maioría dos seus electores nin viaxaron nin viaxarán nesa clase especial á que eles están afeitos.
Por ser representantes – os eurodeputados e todos os demais- entran nunha dimensión económica e social diferente, disfrutando dunhas condicións de vida moito máis elevadas que o nivel medio dos seus representados. E chegan a coidar –algúns, alomenos- que teñen dereito a esas condicións de por vida. E aínda así non comprenden por que existe tan gran distancia entre eles e os seus representados, distancia que cada día se agranda máis como se un terremoto fose pouco a pouco abrindo unha fonda zanxa entre dous mundos tan diferentes.
A nosa sociedade corre un gravísimo perigo de fractura se esta fenda entre representantes e representados segue afondando, se os políticos se seguen a separar do mundo real e entrar nunha burbulla que só a eles permite a entrada, non existindo máis vida que o microclima que se vive nos concellos, nos parlamentos e nos gobernos.
A solución a este distanciamento non se producirá nun tempo inmediato, porque ninguén parece disposto a enfrontar este problema habendo tantos outros problemas planteados. Pero hai que ter en conta qe este é un problema de base, e solucionando este, moitos outros poderían entrar en vías de solución.
Inmediatas as ocasións de ter en conta o significado do concepto “representante”, pensen os que resulten elixidos representantes dos funcionarios da Xunta de Galicia cal é o seu papel, e que se agarda deles. Pensen os que resulten elixidos nos comicios do próximo maio o difícil cometido que lles agarda nun tempo tan difícil. E pensemos todos que ou recompoñemos o sentido da nosa democracia representativa, servindo ó pobo e non servíndose del, ou andando o tempo o sistema caerá polo seu propio peso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania