A 110
Xiz, Xulio - lunes, 11 de abril de 2011
Sallo de Lugo cara a Santiago e o "ordenador de a bordo" indícame que teño combustible para 290 kilómetros. Segundo vou avanzando pola estrada a cifra en lugar de retroceder avanza, de xeito que ó chegar a Santiago aínda teño gasoil para máis de 400. o que me deixa pensando na relación entre máis baixa velocidade e menor consumo, podendo chegar a consumo cero se consigo manter vivo o motor a algunha velocidade mínima.
Circular a baixa velocidade permíteme pensar nas miñas cousas, descubrir paisaxes novas, otear aeroxeneradores que na distancia parecen conxelar a rotación das súas aspas, e comprobar que se a maioría dos conductores respectamos as normas, hai unha ampla minoría insolente que rompe todas as barreiras e demostra que están por riba de todos nós
Estanme reparando a radio. ¡que longos os kilómetros de silencio, e cantas veces estendo a man para darlle voz ó aparato inexistente. Sen inxerencias externas, mellor poido cavilar e redacto in mente artigos fabulosos que nunca chegan ó papel, xa que cando logo me poño a transcribilos a miña cabeza está xa noutros mundos.
Cando volvo de Santiago a Lugo teño a sensación de escapar do tráfago capitalino e volver a un tranquilo rural que non o é tanto. O ordenador ségueme a dicir que o coche algo vai consumindo, pero moi pouco. E dou por ben empleada a lentitude se gracias a ela imos solucionar a crise económica que nos afoga, lograremos que o tema de Libia non nos afecte, e damos ós gobernantes proba de que somos bos rapaces, cumpridores obedientes das normas máis peregrinas.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora