Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vinte meses do "Prestige"

lunes, 05 de julio de 2004
Levamos os galegos uns cantos sobresaltos chegados do mar. Os dous máis importantes, o "Casón" e o "Prestige", pola repercusión social que tivo entre nós.
O "Casón", provocou unha auténtica revolución para impedir que os resíduos tóxicos seguisen a peregrinar por Galicia, e unha catástrofe en Alúmina-Aluminio coa destrucción das cubas electrolíticas como parte vital deste complexo industrial.
O "Prestige" provocou unha revolución social, que nos mentalizou como nunca sobre unha catástrofe ecolóxica que parecía irreversible.
Todo volve á calma, co tempo. Levamos vividos vinte meses desde aquela catástrofe. E comeza o barco e os seus efectos a verse en tempo pasado. As praias están limpas, mariscos e pescados cotízanse nas lonxas a excelentes prezos, extráese o fuel restante dun dos pecios máis famosos da historia -semella o noso Titanic- e os galegos peregrinamos cara ás costas cada fin de semana con ilusión e entusiasmo renovados... Estamos camiño de que o Prestige sexa tan só un recordo.
"Nunca máis" atribúese o mérito da concienciación e da reivindicación; os gobernos, a autoría ou a esixencia do "Plan Galicia"; e os galegos da costa (sofridores) e os galegos do interior (espreitantes atentos), a velas vir. Porque aínda que "vinte anos non son nada", como dicía o tango, vinte meses son abondos para comezar a entender que "la distancia (temporal) es el olvido".
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES