Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Casino de Ouro

viernes, 08 de abril de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: O CASINO DE OURO

Sempre se dixo que o roubo e saqueo perfecto non existe. Na actualidade iso non é verdade, non soamente estou a falar dun atraco, senón que existe dous roubos perfectos que están quedando na impunidade. Ata o momento non existe ningún detido nin proceso xudicial. Non encanto, sábese quen foron os que entraron a atracar. O primeiro saqueo foi provocado polo sistema financeiro (teñen nomes e apelidos), roubando a mans cheas co resultado dunha quebra espantosa. Ao momento entran os políticos gobernantes, amigos dos atracadores que os salvan cun rescate sen precedentes na historia económica mundial entregando diñeiro público de 905 mil millóns de dólares. Así desta maneira sálvanlle o cu a estes ladróns de luva branca e tratan de que non se repita o “crak de 1929”, onde os banqueiros e grandes financeiros chegaron a guindarse desde as fiestras dos edificios das súas empresas e bancos. Desde aquela ata hoxe aprenderon moito, que paguen e se suiciden os de abaixo.

A cousa non para aquí, senón que volven ao lugar do crime a preparar entre os atracadores e os seus amigos políticos o segundo roubo, dicindo que a débeda que eles provocaron é pola causa dun excesivo gasto social, desta maneira xa teñen montado o grande casino onde sempre gaña a banca. Isto vaise a traducir en menos seguro de paro, privatizacións, menos sanidade, dereitos laborais polo chan, máis desigualdades e recortes nas pensións.

Estes son os dous grandes atracos perfectos de tódolos séculos, coa pasividade das víctimas e consentido polos políticos mediocres que nos tocou vivir neste país e parte de Europa chegando a unha dexeneración do estado de dereito sen precedentes, onde os valores democráticos non existen. Vale todo, roubar e saquear non é delito.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES