Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saír da crise

jueves, 07 de abril de 2011
Cada vez nos están poñendo máis difícil eso de saír da crise, se é que en algún momento imos dar saído. Porque os gobernantes saberán de grandes números, conceptos macroeconómicos, cifras de emprego, producto interior bruto e balanza de pagos, pero non saben da realidade diaria de cada día de todos nós.
Poden os políticos albiscar unha imaxinaria saída da crise, ou unha luz ó final do túnel, pero nada deso ocorrirá mentras os consumidores, que somos todos nós non notemos algo de alegría nos nosos pequenos investimentos cotiáns, nas cifras nosas de cada día.
Existe unha xeral sensación de pesimismo, de dificultade, de crise sicolóxica que nos envolve e condiciona todos os nosos movimentos. E esa sensación vólvese máis opresiva a cada factor negativo, a cada noticia que nos fala de incrementos de custos a soportar polos consumidores.
Os últimos datos para as nosas respectivas composicións de lugar están na subida do gas butano, do gas natural e da luz, na paulatina subida dos combustibles, no incremento das hipotecas. Todo esto ven figurar como unha lousa no precario equilibrio das nosas contas persoais e familiares, sen que haxa contrapartidas que permitan nivelalo.
A reacción lóxica de calquera consumidor é a contención do gasto que resulte imprescindible facer, a eliminación de gastos superfluos, a restricción en suma de custos para paliar os incrementos continuados que vimos sufrindo.
Deste xeito nunca se poderá saír dunha crise que xa nos din que vai para largo, fará modificar moitos dos nosos comportamentos, e vainos evidenciando día a día que nada vai ser como antes, que tardaremos moito tempo en chegar a ter un nivel de vida, de consumo, similar ó que disfrutábamos hai catro ou cinco anos.
Para sair da crise fai falla que alguén nos ilusione, que propicie o consumo, que xenere actividade, que imprima dinamismo nas empresas e na concesión de créditos. Dito así, o certo é que fai falla un milagro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES