Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A demagoxia dos horarios públicos

jueves, 07 de abril de 2011
A demagoxia dos horarios pblicos A escola da vida: A demagoxia dos horarios públicos

Acaba de aprobar o Consello da Xunta de Feijóo, entre outras medidas, o proxecto Kronos, segundo o que din os seus responsables, permitirá "unha verdadeira relación telemática cos usuarios, que os empregados desfruten as vantaxes da flexibilidade laboral e que estean sometidos a un control horario homoxéneo".

Non poño en dúbida as súas afirmacións; con todo, considero demagóxico que nun momento como o actual en que hai unha evidente falta de proxectos políticos relevantes socialmente para mobilizar a sociedade galega se queira distraer con oportunismos desviacionistas ou, como lle están a chamar eles nas súas confrontacións políticas, continas de fume que queren facer recaer a súa responsabilidade noutros que pouco teñen que facer cando as ideas están ausentes.

En calquera empresa grande ou pequena son os xefes os que teñen que establecer os traballos a realizar e asignalos ós operarios para que estes os cumpran dentro das marxes horarias e das normas establecidas. E son eses mesmos xefes os responsables de buscar os porqués en caso de haber incumprimentos e de aplicarlles as normas internas da empresa para que todo se axuste ao pactado. A Administración está sempre ao servizo do cidadán, e este fai, mediante a súa elección dos seus xestores políticos, que se lles dea solución ás súas necesidades. Cando os políticos chegan aos seus postos e se acomodan neles sen facer as xestións necesarias para resolverlle os seus problemas, os administradores non poden cumprir coas súas funcións. Por iso, non é de recibo que na situación actual de falta de ideas, se lles compute aos funcionarios públicos no seu debe esta eiva desde a perspectiva de que non cumpren cos seus tempos de traballo.

Cadaquén ten que facer o traballo que ten asignado: todo é unha cadea de relacións laborais, tanto na Administración como na empresa. Por iso, querer facer dos edificios públicos casas de grande irmán onde o ollo vixiante sobre os empregados públicos sexa a tarxeta que detecta en cada momento o que fai ou onde está é desviar a responsabilidade dos xefes. Porque ¿quen controla o controlador?, ¿ou é que os xefes políticos tamén van ter tarxeta, xa que eles tamén cobran dos impostos que pagan os cidadán co seu traballo?
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES