
Estamos no ano cunqueiriano, na lembranza e honra do mariñao mais universal, máxima figura das nosas letras, Alvaro Cunqueiro, co gallo de celebrarse o centenario do seu nacemento, o que estimula a memoria traendo ao recordo algúns episodios dos que fumos testemuña e que teñen que ver co noso pobo. Neste senso nunca esquecimos a súa presencia en San Martiño, o 11 de novembro de 1966 -hai case medio século- onde o insigne mindoniense pronunciara unha das súas alocucións, coa brillantez e a beleza que nel era habitual.
Tratábase de festexar o remate parcial das importantes obras de conservación e restauración que, dende habÃa un ano, viñan realizandose no cenobio, auspiciadas pola Dirección Xeral de Belas Artes, baixo a responsabilidade técnica do arqueólogo e profesor da USC, Manuel Chamoso Lamas. Representantes civÃs, militares e relixosos, do mundo da cultura, e numeroso público, enchÃan a prazoleta da fonte da Zapata onde o ilustre convidado, en belÃsimos parágrafos, que poideran definirse “cunqueirianos”, pola súa poesÃa e orixinalidade, pondera o valor histórico e artÃstico do templo, cuxas pedras dÃ, en fermosa metáfora, “parecen labradas por manos imposibles”, engadindo, “pues se hace verdad la frase de Ruskin, según la cual en las catedrales los ángeles ponÃan su mano en una voluta, o un capitel, para expresar de modo admirable algún misterio. Quizás aquÃ- engade- ángeles cantores dieron lecciones a los que labraron este templo”.
Ante tanta beleza coa que Cunqueiro describe o excepcional interese da igrexa, preguntamos ¿Qué pensarÃa o xenial escritor se hoxe levantara a cabeza e se atopara coa barbarie que reflicte a agresión consumada nela, e da estética dos retretes ubicados como antesala do monumento?, ¿e do insulto ás pedras milenarias “labradas por manos imposibles” que cantou o autor de “MerlÃn e familia”?¿Cómo pode un goberno municipal defender a capa i espada tan bárbara actuación, e que unha oposición se mantivera calada e non amosar a súa disconformidade? A connivencia é mais que sorprendente.¿Cómo se entende tal indiferenza nos que, úns e mai-los outros, sen ruborizarse, decráranse, de cando en vez, “amantes” e mesmo “defensores” do noso patrimonio cultural?. Non é doado atopar incoherencia semellante.¡ Se Cunqueiro levantara a cabezaÂ…!