Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quesque cé cette merdé

viernes, 02 de julio de 2004
O grupo Puturrú de Fuá publicou hai xa ben anos un disco rompedor que deixaba poucos títeres con cabeza, e no que un dos temas estaba adicado -sempre en clave de humor superlativo- ó veciño país de máis ó norte, co título que encabeza este pensamento. Parece como se en francés non soase tan mal o vocablo.
A min, desde pequeno, inculcáronme que non era cousa de dicir –e menos publicamente- palabras malsonantes, porque dicían moi pouco dun mesmo e provocaban nos demáis reaccións de rexeitamento. Pero nós -os nenos do meu tempo- coidabamos que era posible disfrutar de certas licencias e, por exemplo, cando no meu pobo crearon un Servicio municipal de Limpeza, puxémoslle o nome de "Xefe da Merda" ó director deste servicio, por describir dun xeito ben claro o seu cometido.
Logo aprendimos que hai que disimular un pouco, e buscar eufemismos.
Ou non dicir tan ás claras as cousas. Por exemplo, como fixeron case tódolos medios informativos que recolleron as palabras da Ministra das Obras de todos, referíndose ó "Plan Galicia de mier...". Case ninguén ousou completa-la palabra, por ese pudor de non falar mal.
De pequenos, amenazábannos con lavarnos a boca con lixivia se falabamos mal. ¡Pobre Zapatero, tendo que soportar unha ministra con tal incontinencia verbal!. ( O "¡Manda huevos" de Trillo, quedouse pequeno.)
O tema segue vixente, e seguirá. Pero posiblemente a malfalada ministra nos teña feito un favor coa súa florida oratoria.
Por certo. Cando un xa é vello ten tendencia a lembra-la nenez. Cando, de nenos, alguén nos dicía esa palabra, a resposta obrigada era:
¡Para a túa boca, non hai mellor herba!.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES