25 anos de Érguete
Editorial - miércoles, 06 de abril de 2011
Foi nos anos setenta cando a Droga señoreou terras galegas, disfrazada de progresía e modernismo. Porque consumir drogas, ó dicir de moitos, era sinal de estar ó día, camiñar no sentido que os tempos marcaban, e conseguir uns estados de ánimo imposibles de alcanzar doutro xeito.
De pouco valeron os avisos dos que xa entonces coidaban que a droga era perniciosa para a saúde, que creaba hábito, que destruía mental e físicamente ás persoas. O seu impacto foi tremendo nunha sociedade que veu atacados numerosos membros, especialmente mozos, que foron sumíndose nun inferno, do que facían especialmente partícipes ás súas familias e a todos os que os rodeaban.
E hai agora vintecinco anos xurdíu en terras da costa pontevedresa unha asociación, de nome Érguete, formada por nais de afectados pola droga, para loitar polos seus fillos e polos que no futuro pudieran verse afectados.
Fixeron oir as súas voces nos seus pobos e nas máis altas instancias, e os narcotraficantes souberon da existencia dun grupo de madres coraje, das que a abandeirada responde ó nome de Carmen Avendaño, que se non lograron que os seus fillos saíran da droga e vivisen como persoas, alomenos conseguiron que moitos rapaces non entraran nese mundo infernal, e que toda Galicia tomase conciencia da existencia dunha lacra que mataba xente nova e provocaba a ruina das familias e dos pobos.
Cumpre Érguete os seus primeiros vintecinco anos. E ten conseguido o respecto de toda Galicia, os medios acollen a súa mensaxe e a súa presencia, unha película conta anacos da súa historia, e toda a sociedade está mentalizada contra a droga e os que dela se benefician vendendo morte e miseria.
¡Por moitos anos, Érguete!. A súa mensaxe seguirá facendo falla mentras haxa un rapaz que caia nas redes da droga, e mentras haxa un traficante que comercie coa morte vendéndoa como unha entrada a todos os paraísos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora