Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O hip hop sente que o galego é práctico

miércoles, 06 de abril de 2011
El Puto Coke, grande expoñente do rap en Galicia, malia a súa xuventude, presentou o seu novo videoclip en Vigo, GgAaL-EGO, que inicia cun xogo de palabras con moito transfondo e moi comprometido con Galicia e coa lingua. Un referente da música actual e de moitos rapaces que dá exemplo do seu orgullo de ser galego, interpretando moitas das súas cancións na nosa lingua e que agora rompe moldes cun vídeo de gran calidade artística e cunha letra na que amosa a súa sensibilidade con Galicia e coa situación lingüística do pais. Unha creación audiovisual dirixida por Juan Salgueiro, na que priman trazos como a elegancia, a sensibilidade artística, unha estética rompedora, moderna, contundente, que contou coa participación da empresa viguesa “Duplo” na rodaxe, posprodución ou 3D, amosando a capacidade galega tamén neste terreo. Un traballo no que participan músicos como o gaiteiro Anxo Lorenzo ou voces como Wöyza, unha mostra de calidade que amosa que se poden facer traballos de peso sen axuda oficial. O resultado convértese en modelo do que nos farían falla moitos máis para prestixiar socialmente o galego, que tantas penurias está a pasar nos últimos tempos. A este artista vigués poderían unirse deportistas do Celta de Vigo e outras persoas con recoñecemento social sen complexo de seren e viviren como galegos.

El Puto Coke leva no panorama "hip hop" máis de dezaseis anos, un rapaz que achega á cultura musical galega un estilo nacido nos Estados Unidos, asociado á expresión urbana e á rebeldía xuvenil, influído por grupos como: Erick Sermon, Hi-Teck, Wu-Tang Clan, Boot Camp Clik, Camplo, Nas, Das Efx.... Con tan só 10 anos, sendo un “puto” (pequeno en portugués), xa amosaba un grande interese polo break dance, o graffiti ou o skate... Ten compartido escenario con artistas de renome como Ziggi Marley, Julieta Venegas, Marta Sánchez, Alaska ou Kiko Veneno. Agora é unha referencia e sen dúbida o último vídeo non deixa indiferente a ninguén e provoca que todo o mundo remate cunha sensación de satisfacción polo traballo e por ser galego. As súas letras toman como base poemas ou composicións líricas dos principais creadores galegos, aqueles que están máis estreitamente relacionados co rexurdimento da cultura galega, como Rosalía e Pondal, aínda que sen esquecer outros clásicos máis modernos como Álvaro Cunqueiro, Xosé María Álvarez Blázquez e Uxío Novoneyra, autor de especial relevancia e do que o seu propio fillo forma parte da imaxe do videoclip. Deste modo El Puto Coke reforza o xiro iniciado na súa carreira musical e imprímelle unha forte carga identitaria ao seu traballo, amparado no lema “o galego é práctico”. Entre os moitos apoios recibidos trala proxección no auditorio de Caixanova en Vigo, estaba o músico Iván Ferreiro. Creo que estamos ante unha nova etapa da música galega que lle esixirá a músicos consagrados poñérense ao día, como veladamente recoñecían nos últimos días Luís Tosar ou Xulián Hernández. Imos por bo camiño!. Ao final a crise, económica e cultural, vainos deixar cousas boas. Despois da tempestade, sempre chega a calma.
Mínguez, Alejandro
Mínguez, Alejandro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES