Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coches eléctricos de Ourense

martes, 05 de abril de 2011
Cando hai ben anos os coches eléctricos eran dos acontecementos máis importantes das festas urbanas ou rurais, ninguén podía pensar que no futuro estes artiluxios, convenientemente evolucionados, ían ser solución para o transporte por estrada polas súas vantaxes económicas e ambientais.
Todos somos conscientes de que a situación actual do transporte por estrada vai camiño – se non é xa – de ser insostible. Non só polos cada vez máis onerosos precios que cómpre aboar polos combustibles actuais senón tamén, e de xeito especial, pola contaminación que orixinan os vehículos ó queimar os produtos fósiles que os orixinan.
O proceso é necesariamente lento diante da grande infraestructura actual, desde a extracción do petróleo ata a súa distribución local a través de milleiros de estacións de servizo. Pero está en marcha.
A Comisión Europea ven de propoñer a data de 2050 como punto final para os vehículos movidos a gasolina ou gasóleo, para ser sustituidos por outros que consuman elementos menos contaminantes e máis baratos.
A escala galega tamén se producen novas en relación con esta marcha imparable cara a desaparición dos combustibles fósiles, e a máis recente é a protagonizada polo presidente ourensano José Luis Baltar, que anuncia a instalación nesa provincia dunha fábrica de coches eléctricos da empresa inglesa Xero, coa creación de 1.000 postos de traballo e unha producción de 20.000 coches ó ano.
Polo de agora son vehículos que teñen limitacións en canto á súa autonomía de circulación, de arredor de douscentos kilómetros, e cun custe estimado de 18.000 euros máis ive cada vehículo. Pero as investigacións son imparables, e necesariamente aumentará a autonomía e baixarán os precios, e os poderes públicos deberán facilitar a súa adquisición, para que a evolución prevista se acelere no posible.
Virán de Ourense moi axiña os próximos coches eléctricos. Gañaremos todos cando estes coches sexan maioritarios polas nosas estradas e rúas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES