Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manifestacións

jueves, 01 de julio de 2004
Houbo un tempo en que as manifestación evidenciáronse imprescindibles. Foi aquel glorioso momento no que todo parecía posible, que non había cámaras nas que falar libremente. Entón Galicia enteira estoupaba en proclamas, manifestos, manifestacións, comunicados...
Pero estamos en 2004. Hai Congreso dos Deputados en Madrid, Parlamento galego en Santiago, corporacións provinciais e municipais democráticas... E os políticos teñen onde falar, e todos nós falamos a través dos políticos.
As manifestacións, agora, parecen quedar reducidas ós que non teñen voz. Eu, que considero que mal ou ben estou representado en tódolos lugares, non considero preciso nin conveniente ir en manifestación. A verdade é que só fun a unha na miña vida: a que se organizou en Lugo despois dos atentados do 11M. E agardo non ter que ir a ningunha outra.
En Lugo, o xoves, día 30 de xuño, houbo manifestación na que figuraron políticos do PP -Francisco Cacharro, Manuela Besteiro e Fernando Carlos Rodríguez- que, lóxicamente, se volveu arma arroxadiza contra do Psoe gobernante no Concello, polo tema do Plan Paradai.
Estou seguro que os políticos en cuestión non tiveron máis remedio que acudir, pola presión dos participantes. Pero creo que non é bon para o sistema, e moito menos para eles, participar nun feito así, tendo outros lugares onde facerse oir.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES