Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O atallo da vida

lunes, 04 de abril de 2011
Alguén quere emporcallar de lixo a solapa da miña conciencia, porque os canalóns do tellado do meu corazón non dan abasto a desaugar as olladas que me lanzan dende os receos máis profundos. Lavo o meu pensamento con sorrisos espallados en catro parágrafos dun xornal que me acompaña dende ben cedo. Deixo que a nostalxia empece a varrer as erratas que escriben dende detrás dun palleiro torcido polo vento da envexa. Co paso do tempo a miña conciencia respira compasada e sabe que nunha carreta de madeira viaxa a esperanza dunha folla escrita con tinta azul e chea de baladas nostálxicas. Sementei unha rosa no xardín da miña alma e intento regala con pingas de señardade. Do lixo co que alguén quere enzoufar a miña conciencia paso ao xardín da miña ficción, dos meus soños. Penso, co silencio da noite, que a felicidade é algo así como o atallo da vida. A felicidade que custa tanto acadala que chego a pensar incluso en que a miña cabeza está chea de pingueiras, e que por estas caen as conversas que alguén non quere entender.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES