Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A sanidade e os cartos

miércoles, 30 de junio de 2004
Eu sempre souben, porque así mo inculcaron, que "o importante é ter saúde". Tendo saúde, está un preparado para o que lle boten; non tendo saúde, non ten un o corpo para nada.
Pero parece que o "primun, vivere" hoxe segue a primar, entendendo por "vivere" todo o relativo á economía, e a saúde - ou o sistema que a procura, a sanidade- depende moito do tema económico.
Un dos elementos que máis incide na economía da sanidade son as medicinas, das que os organismos competentes subvencionan unha parte moi importante, que agora pretenden aquilatar.
E non se lles ocorre mellor solución que tentar que os médicos receiten as medicinas máis baratas, co fin de que o dispendio sexa menor, facendo constar como mérito na carreira dos galenos esta virtude de ser aforradores cos diñeiros da seguridade social.
En tempos, parece ser que os laboratorios primaban -do xeito máis oportuno- o feito de que os médicos recetasen os seus preparados. Agora, a Administración prima que se receiten os máis baratos.
Todo, por non atreverse coa industria farmacéutica - máis poderosa, eso sí - que é a que tería que abaratar as medicinas (¡todas!), de xeito que non so a Seguridade Social senón tódolos usuarios se viran beneficiados.
Que todo é cousa de cartos, sabiamolo. Pero o que non sabiamos é que o de "salud, dinero y amor" da canción, había que varialo para poñer o diñeiro en primeiro lugar.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES