Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Travestidos Políticos'

jueves, 31 de marzo de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: “TRAVESTIDOS POLÍTICOS”

De tanto escoitar os insultos de algúns “esquerdistas e sindicalistas travestidos” (politicamente falando), cousas como: non evoluciono, estás nas cavernas, caduco e outras inxurias. Coido que xa chegou a paciencia a un límite e explicarlle a estes “tapados de esquerda” que non saben saír do marasmo ideolóxico, incapaces de soster nin un só dos argumentos, dos cales algúns deles lles comento a continuación: Se evolucionar para estes de “esquerda” é ter 5 millóns de parados, entregar á banca millóns de euros públicos, recortar con reformas laborais e sociais á grande maioría dos cidadáns, guindar pola borda tódalas conquistas ao longo destes últimos cen anos. Se iso é evolucionar, eu sigo como estou, coas miñas ideas “caducas”, desta maneira estou en paz comigo mesmo e non serei responsable da traizón a moitos e tantos que quedaron no camiño ao longo dos anos, acadando co seu sacrificio con sangue, suor e bágoas para ter unha vida un pouco máis xusta da que hoxe gozamos. A estes homes e mulleres que loitaron ao longo dos anos ninguén lles regalou nada. A sociedade por norma sole castigar a traizón e a hipocrisía, pero neste país de estafadores, ladróns de luva branca, travestidos políticos e sindicalistas traidores non pasa nada. Esa esquerda de salón, dos da cella, comedeira, presebe e algún que outro manipulando ao persoal desde os medios de comunicación, non representa a ninguén, agás a eles mesmos e aos 40 principais que hai uns días xuntáronse na cova de Alí Babá para dicirlles que acepta abaratar o despido e máis voltas de parafuso aos máis febles. Socialismo puro e duro. Que sigan ladrando estes “esquerdistas”, oportunistas e alienados. Insulta quen pode e non quen quere. A tumba de Rosa Luxenburgo treme con estes evolucionados de esquerda.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES