Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na escaleira

miércoles, 30 de marzo de 2011
Na escaleira, si; indecisos, si; ¿daquela, a qué vén iso de molestarnos se tal opinan de nós, dos galaicos? ¡Pois eu téñoo a moita honra! Torpes, e ridículos, son eses sabios de vía estreita que non precisan elixir, que non saben dubidar. ¿Haberá cousa máis científica, máis profunda, que dubidar metodoloxicamente ante as circunstancias confusas e difusas, ou inéditas para o actuante?

En cambio pintan a Xustiza representada nunha balanza de dous brazos… ¡A Xustiza é unidireccional, pois nela non se pode, non se debe elixir entre vara ou metro! A Xustiza é, rotundamente, unicamente, o camiño central, o recto, o correcto, aquel que leva ao premio dos bos e ao castigo dos malos; aquel que indica as consecuencias de extraviarse. Dous brazos son, deberan ser, as dúas posibilidades volitivas: acertar, ou errar!

¿Acertar con respecto a qué, ou a quén? ¿Errar con respecto a qué, ou a quén? Non hai decisión pequena sen grandes consecuencias, á corta ou á larga, para nós ou para o próximo. Tanto é así que, se a cortina está baixada, se non albiscamos as consecuencias mediatas, ¿quen ousa tacharnos de indecisos? ¡Só os prudentes son / están indecisos! ¿Un galego indeciso…? ¡Aí o tedes, aí tedes un sabio, un prudente, un experimentado! Iso non é óbice para que, na ineludible, non dea un paso á fronte, pero disposto a asumir as consecuencias. ¡Iso é responsabilidade!

¿Tanto custa un si coma un non? A saber, porque o custe dirano as consecuencias, e non sempre se coñecen ab initio! Só os pobos inmaturos, ou os nenos mal criados, están prestos a dar zancadas, pase o que pase, teñan ou non o abismo diante dos ollos. ¿E se hai cortinas? ¿Por qué se di que os pobos que ignoran a súa Historia están condenados a repetila? Ou tamén, ¿por qué o home é aquel animal que tropeza dúas veces na mesma pedra? ¿Non será porque soñamos grandezas, logros fáciles, en vez de afianza-las pisadas?

Os italianos din iso de que, “Chi va piano, va sano e va lontano!”. ¡Se van amodo é que dubidan, que elixen, ou tratan de elixir, o mellor camiño, o que leva a…, ¡á meta proposta, por lonxe que lles quede! ¡Prudencia, reflexión, estudio previo, que son a base do edificio da seguridade, das consecuencias positivas! En tódolos ordes da vida, incluído o económico, tan abafante hoxe en día. ¿Que fixemos cos recursos escasos? ¡Deixar de ser galegos e imita-los veciños: tira-la casa pola ventá, darlle un rotundo si á fantasía, ao luxo, a molicie…, irnos polo camiño cómodo, avanzar antes de ata-los zapatos! Nalgún caso, nin zapatos, que botamos a correr descalzos, descalzos e sen provisións, sen reservas, sen alforxa! ¿Fixémolo polo qué dirán, por iso de que nos chamaban indecisos? ¡Se así foi, é que non somos tan vacilantes, tan prudentes, como de nós se dicía!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES