Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non perdamos o tempo...!

miércoles, 30 de marzo de 2011
Non sempre as expresións más tópicas carecen dun rico e diverso significado. E o tópico hai que entendelo aquí, non no sentido pexorativo, senón no sentido de principios dun pensar e facer, que están aí, e que é efectivamente o que SE pensa, o que SE cre, aquilo que constitúe a vixencia do que vale a pena pensar e facer na nosa vida. Non saberemos como acadaron tal familiaridade no uso lingüístico da sociedade, pero podemos constatar, sen embargo, un contido que leva a unhas proveitosas reflexións. Hoxe quero ocuparme coas frases do tempo. “Non perdas o tempo, porque os anos pasan e non volven”, “non perdas o tempo: non che fan caso”, “non perdas o tempo: nesto non vas gañar nada”…

Ninguén pon en dúbida as diferentes intencións dos que as profiren, se coñecen o contexto en que se producen. Na primeira hai unha admonición ós que perden o tempo a secas, deixando que a vida se vaia coando nas mallas dos insensibles priguiceiros. Na segunda emerxe unha dobre censura: para ó que se esforza inútilmente en algo que non sabe facer interesante, ou para os destinatarios desaproveitados dun esforzo axeno. A terceira é fácil de captarlle o sentido, porque anda o interés económico polo medio. E moitas outras poderíamos testemuñar. Pero só nos vamos ocupar da primeira, fundamentalmente.

Comecemos dicindo que o home (e cando me refiro ó home, faigoo tamén á muller, advertencia ociosa se non se asexara a igualdade de sexos oficialmente) é o único animal que é o que É, e, ademais, o que PODE SER. Xustamente por isto tamén é o único animal capaz de perder o tempo, porque cando se dí, por exemplo, dun can que tuvo “perdendo o tempo cun raposo e non lle fixo caso ós coellos”, estamos utilizando estereotipos antropomórficos. Sendo isto así, ben vale a pena dedicarlle unhas liñas aquí ó home.

Algún lector pode preguntarse por que un home é tamén o que “pode ser”. Dito sinxelamente, o home é coma un animal, e ten tamén coma el respostas adecuadas ós estímulos; pero, ADEMAIS, faise cargo de que os estímulos son REALES, faise cargo da mesma realidade, e por iso é máis ou menos intelixente e razoa, é decir, é un ANIMAL DE REALIDADES, sendo esta a verdadeira definición do home, pois non descobre a realidade porque razoa, senón que razoa porque o empurra a iso a mesma realidade. Por suposto, na miña modestiña opinión, esta é unha luminosa idea de Zubiri, da que se derivan unha serie de consecuencias de considerable importancia; mais nisto non podemos entrar aquí. O que sí nos interesa é destacar que na realidade o home encontra un cúmulo de POSIBILIDADES, que lle permiten transcender os límites de lugar, que lle impón o corpo, robustecer e complementar a súas forzas e aproveitar o tempo.

En presenza das diversas posibilidades que lle ofrece a súa situación na realidade do seu contexto histórico, opta libremente por unhas e desbota ás outras: as primeiras convértense en propiedades súas, por APROPIACIÓN, e que non tería pola mera condición de animal a secas. Eis porque o home sempre pode ser máis do que é, porque el mesmo ten a capacidade de realizarse mediante esa apropiación de propiedades.

E estamos na cerna deste traballo: Se o home perde as ocasións que lle vai presentando o seu tempo vital, se non aproveita as distintas situacións polas que vai pasando, se non proxecta o seu quefacer cara ó futuro, este acubíllase no pasado sen renderlle fertilidade algunha chámase perder o tempo, pero perder unha clase de tempo que arrastra, por razóns de fundamentalidade, ás outras: Xa non haberá tempo para o esforzo mensaxeiro, nin para acadar unha personalidade profesional que lle permita remuneracións da orde económica, etc...

Quixera terminar este artigo resaltando que todo isto xa o intuian os gregos e romanos, Os primeiros decían que o home era un ZOON LOGIKON THANATON, destacando nel o esplendor e a miseria, o logos e a morte. E os segundos, nunha frase de forma poética e epigráfica, de Juvenal, sentenciaron que non vale tanto a vida coma as razóns de vivila: SUMMUM CREDE NEFAS ANIMAM PRAEFERRE PUDORI // ET PROPTER VITAM VIVENDI PERDERE CAUSAS (Considera o maior dos crimes preferir a forza vital á honestidade, e por esta forza vital perder as razóns de vivir).
É decir, perder o tempo vivindo como o que somos en canto meros animais, renunciando o que PODEMOS SER, equivale a perder a honestidade e as razóns de vivir.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES