Parella de ecoloxistas
Luaces, Xaime - martes, 29 de marzo de 2011
Unha persoa ten que ter carácter.
Diciao un, un, que por algo se chamaba Salustio, que tiña por compañeira unha non con menos: Salomé, por nome, como é debido.
Salustio comía outro tanto como traballaba e non tiraba da bebida da maneira que padecía, polo feito de que entre el e Salomé amainaban a dor compartindo agarimos.
Esta parella combatía o frío do inverno entrelazándose de tal xeito, que asemellaban trigres enfurecidos. E mitigaban de igual modo o rescaldo que as veces deixaba o verán.
Salomé e Salustio alumeábanse coa luz do día; pola noite, por se un caso, coas lucernas da lareira.
Salustio e Salomé falaban coas bestas; entre eles, mirábanse; falar, ¿para que?
O carácter de Salustio era tenro, tenro como a pel de Salomé, que era una pura tenrura por fóra e por dentro de si.
Salomé e Salustio non eran militantes de banda algunha.
Salustio e Salomé, exercentes na terra de compañeiros entre eles. E dende eles, coa vida, sen ser patróns de ninguén nin de ninguén escravos.
E neste mundo infame, nesta terra asoballada, morreron por ser e sendo libres.
Barón de Herbón Xan da Tolda

Luaces, Xaime
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora