Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hackers

viernes, 01 de abril de 2011
O nome identifica en todo o mundo aqueles rapaces -ou non tan rapaces- que dominando de xeito brillante as novas tecnoloxías son quen de introducirse nas redes informáticas de grandes empresas, institucións ou gobernos, causando moi serios destrozos e provocando ás veces riscos de catástrofes ou importantes fallos de seguridade.

Os “hackers” son temidos por gobernos e administracións, controlados no posible e o seu traballo provoca que haxa un permanente estado de alerta diante das súas accións, “inocentes” ou non, para evitar os gravísimos danos que orixinan.

Como cabe supor que ocorre en todo o mundo, en España está a funcionar o Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación (Inteco), unha sociedade pública que ten a súa sede en León, e busca formar unha rede de especialistas que se convirtan nos vixiantes da Rede e eviten e combatan todas as accións piratas que se detecten.

Chámaselles “hackers éticos” ós que busca Inteco, para contrapoñer o seu papel e o seu traballo ó dos “hackers” que por diversión ou interese buscan introducirse en lugares cada vez máis difíciles, para deixar constancia do seu paso ou para destruir a Rede na que se teñan introducido. Serán detectives ou policías civís, con formación informática, que vixíen a Rede e persigan calquera indicio delictivo por parte de intrusos que pretendan introducirse nun sistema que non lles pertence.

Naturalmente que esta é unha función que lles compete ós poderes públicos e cada país debe aportar os seus coñecementos e a súa infraestructura para controlar as irregularidades que se detecten. E ben está saber que entre nós existe unha institución que se encarga desta función, que todos estamos expostos a sufrir accións informáticas piratas que causen danos que poden ser irreversibles.

Os “hackers” son cada vez máis expertos, poderosos. Benvida a forza que vai opoñérselles no noso contorno, para a seguridade da Rede de Redes, da que todos formamos parte.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES