Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ferrol e o mar

jueves, 31 de marzo de 2011
A cidade de ferro, Ferrol, aspira a ver de novo o mar. O que para a urbe foi a impulsión, razón de ser, estandarte e alma, impediulle á cidade vella asomarse ó exterior porque as instalacións da Mariña, defendidas por unha barreira opaca de cinco metros de altura, impiden o contacto da cidade e dos ferrolanos co mundo exterior que ten como primeiro veciño o mar.

A longa aspiración de contacto co mar dos ferrolanos parece que pode estar a punto de conseguirse, se o entusiasmo do alcalde ten abonda base legal, xa que parece ser que ese muro pode ser sustituido non tardando moito por unha base de metro e medio, e os tres e medio restantes por unha verxa que permita alomenos ver o que hai máis aló.

En 1761 naceu este máis que kilométrico muro que protexe instalacións e barcos da Mariña española, pero que arreda a Ferrol do seu elemento máis natural. Moito se ten batallado para que o muro desapareza e os ferrolanos recuperen o mar, mantendo a necesaria salvagarda de instalacións estratéxicas que cada vez dependen menos de si mesmas e máis do sistema no que están encadradas, e para as que o muro exterior non é máis ca un elemento de protección sustituible por calquera outro artiluxio menos limitativo para os dereitos urbanísticos e paisaxísticos das xentes do Ferrol, que levan dous séculos e medio privados de asomarse ó exterior.

Ben nos gustaría a todos os galegos que os ferrolanos disfrutasen do seu mar, e os non ferrolanos participen do seu disfrute cando acudan a Ferrol. Facemos votos por esta transformación, na seguridade de que será un elemento definitivo para a promoción e impulsión dos ferrolanos e de Ferrol.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania