Bancos versus persoas
Editorial - miércoles, 30 de marzo de 2011
Os bancos -e as Caixas- son negocios puros e duros que conceden cretos para solucionar temas económicos persoais previa aportación de garantías abondosas e logo co pago de intereses -pactados?- que compensan ós accionistas ou depositarios das entidades o investimento e suposto risco.
Cando o prestatario non pode devolver o préstamo e aboar os correspondentes intereses, a entidade chega a quedarse co ben adquirido co préstamo obtido, e como nestes tempos as cousas viñeron mal dadas pode resultar que o valor actual dese ben non chegue a cubrir o importe da súa compra, feita en tempos nos que a construcción -de pisos e similares falamos- estaba bloiante e a uns precios abusivos, moralmente delictivos.
Chegados a este momento da crise -crítico- as entidades crediticias atópanse que os cretos que entón concederon con demasiada alegría, fan augas e non poden ser aboados ós seus vencementos. E os pisos mercados con eses cretos, pisos son especialmente o obxecto destes cretos, son embargados, sacados a subasta, e co seu importe satisfaise á entidade correspondente o que é posible dentro da débeda.
A voracidade destas entidades pretende que a entrega do importe obtido polo piso non é abondo, e o debedor debe seguir pagando a diferencia. Mesmo o goberno tense pronunciado no sentido de que facer que o embargo do ben afectado supuxese a condonación de toda a débeda poñería en perigo a solvencia do sistema financieiro español.
Aí está o problema. A quen se protexe?: ós bancos ou ás persoas?. Ás entidades con ducias de asesores e economistas óu ós debedores que nun momento de soño coidaron poder disfrutar dunha vivenda digna, animados polas facilidades que as entidades propiciaban.
Os partidos políticos son reacios a dar solución radical ó problema, e popoñen estudios, comisións, debates. E vanse producindo un a un os dramas particulares, mentras os bancos seguen a rexistrar cuantiosos beneficios e os particulares perden as súas vivendas e moito máis. O Congreso vai estudiar o tema. Para moitos, demasiado tarde.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora