Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ás voltas co inglés

lunes, 28 de marzo de 2011
s voltas co ingls A escola da vida: Ás voltas co inglés

A Consellería de Educación segue dándolle voltas ao seu decreto da aprendizaxe das materias escolares nos dous idiomas vernáculos, no que incluíu, no seu día, ao inglés, por arte de birlebirloque. Di, agora, que xa hai 58 centros plurilingües en Galicia, entendendo por tales, non só nos que se imparta a docencia nos dous idiomas cooficiais recoñecidos, senón tamén o inglés.

O novo requisito que a Xunta lle vai requirir aos docentes para a impartición das súas materias en inglés é o de posuír un nivel de coñecemento superior ao B1 ou ao de ter superado unha entrevista, como o facía na actualidade, para solicitarlle que acredite un nivel B2. Isto lle vai supoñer ao profesor que teña que ser capaz de entender e expresar as ideas principais de textos complexos que traten tanto de temas concretos como abstractos, e mesmo de carácter técnico da súa especialización. A razón deste cambio está na crenza dos responsables de Educación de que superaron as súas mellores expectativas respecto do número de centros que pensaron que se ían apuntar a seguir o seu decreto. Pero pasar dun nivel a outro non é ningunha bagatela. De superar unha entrevista máis ou menos exhaustiva, a conseguir unha acreditación dun centro oficial hai un treito moi importante que percorrer.

Por outra banda, como xa sostivemos noutras ocasións, non é este o camiño correcto para a aprendizaxe de idiomas polos alumnos, sexa este o inglés, o portugués ou o italiano. O alumno debe coñecer o idioma estranxeiro mediante unhas metodoloxías didácticas expresivas e comprensivas eficientes para a súa aprendizaxe, é dicir, a través de sistemas audiovisuais e outras técnicas que están ao alcance dos centros escolares actuais.
Doutro xeito, un alumno que estudase matemáticas en inglés, por exemplo, descoñecerá moitos dos termos que utilizamos normalmente nos idiomas autóctonos porque no idioma estranxeiro se expresan con palabras diferentes ou mesmo falsos amigos.

Todos mantivemos conversacións con algún estranxeiro que aprendera a nosa lingua para iren tirando. Durante elas decatámonos de que utilizan mal certas palabras porque non son as correctas para a frase. A iso é ao que se abocará aos alumnos que aprendan parte dos coñecementos nun idioma distinto ao que é de uso común no seu día a día.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES