Esperpentos
Cardalda, Theo - lunes, 28 de marzo de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: ESPERPENTOS
O mundo ao revés, asemella aos esperpentos de Valle-Inclán nun plan moderno e ao besta. O comisario de enerxía usou a palabra apocalipses no Parlamento Europeo sobre o accidente nuclear de Xapón, sendo el o que xestiona as moratorias ou novas centrais nucleares.
A Obama déronlle o Premio Novel da Paz e anda sempre no cabalo apocalíptico da guerra. A Señora Clinton correndo de país en país como unha tola para invadir Libia, pode ser que esta señora aínda teña o trauma da Mónica Lewinsky. O Berlusconi un personaxe estrambótico que deu renda solta a unha conduta sexual fora do normal e meténdose co poder xudicial para que non o metan na trena. Sarkozy deu unha sensación de paranoia ao ser o primeiro que invadiu Libia, debeuse encrechar moito cando lle dixo o fillo do ditador Kadaffi que a súa campaña electoral pagoulla o seu pai, seguro que tomouno como cousa persoal. Zapatero o de a Alianza de Civilizacións alíase cos esperpentos, sendo o Quijote desta historia. Putín di agora que a invasión a Libia é unha cruzada cando no consello de seguridade abstívose Rusia.
Todos veñen agora co conto de salvar vidas, esa xa é unha película moi repetida. O mesmo argumento utilizouse en Irak e estamos vendo o final desa película. Tampouco que me conten o conto que queren levar a democracia a Libia, mentres as potencias ráchanse as vestiduras condenando a ese país, cando en Bahrein, Yemen, Marrocos, Arabia Saudita estase a reprimir e asasinar aos opositores que piden a berros a democracia.
Agora todos eles andan a liortas para ver que leva a batuta da invasión, son como nenos pequenos, a cobiza é tan grande que todos queren levar o mellor pastel petroleiro. Están preparando para os nosos descendentes a que veñan os catro xinetes do apocalipses.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora