Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tui e Valença

viernes, 25 de marzo de 2011


O 25 de marzo cúmprense 125 anos da Ponte que uníu Galicia e Portugal, Tui e Valença do Miño, para nunca máis separarse. Porque se os primeiros cen anos de funcionamento da Ponte, esta constituíu unha fronteira e estivo ben controlada polas súas dúas bandas, estes últimos anos é cauce amplo para o fluir da vida entre as dúas comunidades, entre os dous mundos.

Certo que na actualidade hai outros cauces, máis anchos, máis modernos. Pero a Ponte sempre nos quedará como símbolo, como un intento hai século e cuarto de aportar modernidade a dúas cidades de dúas nacións, situadas a poucos centos de metros de distancia física, pero cun mundo polo medio que levaría outro tanto – ben difícil de medir un mundo- percorrer e unir.

Conscientes do valor simbólico da Ponte, Tui e Valença a través dos seus poderes públicos – Concello e Cámara municipal- téñense implicado na organización de actos conxuntos e en establecer lazos duradeiros entre as súas comunidades, que se o comercio diario e o fluir das xentes vai abrindo camiños económicos e sociais, tamén deben artellarse outras relacións institucionais para colaborar e potenciar as iniciativas particulares.

A vella Ponte significou a primeira unión ferroviaria entre España e Portugal, correspondéndolle a Galicia ser lugar de paso e encontro. Convén non perder de vista esa referencia e potenciar esa unión que ten século e cuarto de vida, de xeito que quede claro que por Tui pasa o máis histórico vencello cos veciños de máis aló do Miño, e que Galicia ten moido que dicir cando de Portugal se trate, falemos de Eurorexión, de comunicacións de alta velocidade, comercio, industria, ou do que se queira falar. Para eso sempre temos que estar atentos e dispostos.

Hai 125 anos, Tui foi porta e fronteira. Agora, canle e porta aberta entre dous mundos irmáns destinados a entenderse.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania