Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A represión franquista

jueves, 24 de marzo de 2011
Pavillón de repouso: A represión franquista

Hai uns días presentouse na Coruña o libro Médicos ourensáns represaliados na guerra civil e na posguerra, escrito por David Simón Lorda (médico psiquiatra nacido en Aragón máis formado en Ourense), que estivo acompañado polo editor e historiador Ricardo Gurriarán. Trátase da reedición -corrixida e ampliada- dun texto publicado en 2002 que espertara, xa daquela, un enorme interese. A represión na contorna sanitaria é un tema apenas estudado e aínda hai quen pensa que os profesionais da sanidade se puxeron maioritariamente á beira do bando golpista. Máis o certo é que, a día de hoxe, o autor ten datos de máis de 150 médicos galegos represaliados pola ditadura durante a guerra e a posguerra.
David Simón comezou esta investigación hai dúas décadas cando tentaba recuperar a memoria do seu avó materno, Alejandro Lorda, fusilado en Zaragoza, á idade de 37 anos, xunto con outras vinte e cinco persoas, nos inicios da guerra civil. Foi o momento de vencer a resistencia para falar do sucedido, de superar a interiorización do silencio dos vencidos, que só se atrevían a recordar os seus mortos e as feridas ainda abertas no ámbito privado e familiar. Vai ser certo, como dixo Suso de Toro, que a historia da guerra civil téñena que contar os netos, que están a recuperar o que lles foi ocultado, a sacar á luz os cadáveres da historia.
Recorda o autor que en Galicia, co apoio do goberno de progreso, produciuse o lanzamento e o soporte financeiro e institucional a diversas iniciativas e proxectos (entre outros: www.nomesevoces.net) que tentan recuperar a memoria daquel tempo escuro, daquela prolongada ignominia. Sinala a repercusión negativa que a represión tivo no desenvolvemento da ciencia médica e na organización da asistencia sanitaria. Coñecer a importancia dos profesionais represaliados danos a medida das consecuencias irreparables que a súa desaparición tivo para o desenvolvemento do país (Peña Rey). Mais a Xunta actual, en mans do Partido Popular, non concorda con estes formulamentos: xa ten retirado o 90% das subvencións para estas investigacións.
O libro de David Simón é un texto rigoroso e ben documentado, froito de moitas horas de traballo en arquivos públicos e privados e de decenas de conversas con testemuñas e familiares. Hai que destacar a importancia deste traballo, agora que as contornas políticas e mediáticas máis conservadoras tentan frear as iniciativas de recuperación da memoria e de restauración da dignidade dos vencidos.
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES