Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Celebración en Santaballa

jueves, 24 de marzo de 2011
O vindeiro día 9 vai estrearse na Escola Habanera de Santaballa a curta cinematográfica: “O legado migratorio santaballés” de Xaime Pardo, na que participan coma actores e actrices 75 veciños/as da comunidade. Sempre é unha festa compartir con eles o seu orgullo de parroquia. Cando a cruzo, ollo con devoción e paixón esta fermosa construcción de cantería, que transmíte agradecemento e querencia ós devanceiros, a mesma fachenda que teñen arestora as e os sataballeses, vestindo os atuendos típicos dos 20, a vestimenta de época daqueles tempos. Esta Escola contaxia señorío e enerxía, é unha raíña, coroando cada alba, a vida e actividade de Santaballa. É o santuario dos nosos antergos, porque moitas e moitos somos fillos e netos da emigración. Teño vivido nela e con eles, momentos sobranceiros, sobre todo no 2007, no centenario da Liga Santaballesa de Educación, onde peregrinei varias xeiras: cando fun agasallado cunha insignia conmemorativa. Xa antes, acompañando á escritora cubana Anisia Miranda e ó seu home Neira Vilas, e tamén lle correspondimos, no nome de Xermolos, a quenes tanto están a facer pola Chaira e Galicia, achegándolles un concerto de canción cubana do cantautor Norge Batista, integrante do Movemento da Nova Trova e da Quenlla. Abofé que estes veciños son acolledores, asemella que nos coñecemos de sempre… Aquí aprendín que iso da morriña ou da saudade non é só un sentimento, foi para os emigrantes o motor dos seus colectivos, e da unión e solidariedade cos parentes e paisanos que deixaran aquí, e para os que desexaban a mellor formación e saúde. No 1916 había na Habana, 64 asociacións con esta fin benefactora, varias da Chaira. Na visita con Anisia e Neira Vilas, estes déronnos unha lección desta coraxe. Neira, aínda en Cuba, tivo nas mans a acta de nacemento desta sociedade: “Vendo aqueles estatutos, comentounos naquela visita, chamoume a atención que os fundadores propoñían que se ensinase Gramática Galega, algo totalmente novidoso. Souben logo que non chegara a implantarse, porque o impedían as autoridades educativas daquí. Pero si logrouse a incorporación de Historia e Xeografía de Galicia”.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES