Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

30.000 universitarios

miércoles, 23 de marzo de 2011
Cando comezaba o presente século, Galicia tiña arredor de cen mil estudiantes universitarios. A estas alturas, prácticamente aínda no inicio do século, son 30.000 menos os que cursan estudios nos diversos centros do país.
A caída é fortísima, nun tempo no que valoramos en teoría moi axeitadamente o que supón a formación universitaria, imprescindible para os diversos sectores de goberno ou impulsión da sociedade.
A Universidade perdeu hai moito tempo o seu carácter elitista, necesariamente propiciado pola escaseza dos centros e a súa ubicación en lugares moi determinados que facía que só os privilexiados económicamente puidesen acceder a estudos superiores. Pero a mellora do nivel de vida, o reparto xeográfico dos diversos centros, e a cada vez máis lograda universalización do ensino lograron esa cifra xa indicada de cen mil universitarios para o noso pequeño país.
Nestes últimos anos ten chovido moito, e ten chovido sobre mollado, e desa choiva temos o lodazal que se representa neses trinta mil estudantes menos.
Nestes anos, a crise fixo retroceder moitos logros económicos de familias galegas que deixaron de poder permitirse a aventura universitaria e moitas outras accións máis ou menos aventureiras. Nestes anos, moitos universitarios viron frustrados os seus anceios e aspiracións, que se en tempos un título universitario era unha meta, nestes momentos é pouco máis ca un punto de partida, e pouco fai a sociedade por valorar e estimar as titulacións universitarias. Nestes anos, tense buscado unha saída inmediata ó mercado de traballo, adiando o remate de carreiras que pouco podían aportar de xeito práctico a unha situación laboral.
Seguro que hai outras moitas razóns para unha baixada tan drástica coma esta, pero a situación está aí, exposta e asumida por responsables universitarios, no momento en que maiores facilidades se dan para os estudos, e no momento en que Galicia necesita e vai necesitar profesionais ben formados para a construcción do noso futuro colectivo.
A baixada ten que facer pensar, estudiar, decidir e obrar ós responsables da institución en Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES