Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Antroido: Cara e Cruz

miércoles, 23 de marzo de 2011
A Mariña acaba de vivir, con esplendor, a tradicion dos carnavais que son, acaso, as mais populares e participativas celebracións, nas que a cidadanía toma parte con maior entusiasmo e protagonismo, imprescindibles para o bó fin que se persegue. E tamén na que se expresa con maior liberdade, humor e enxeño, posto que na montaxe e disfrute ten amplo marxe para expresar os seus gustos e sensibilidades, ou as preferencias lúdicas i estéticas, sen o corsé que moitas veces os gobernantes impoñen con programacións unipersoais, artelladas na soidade dos despachos, convencidos de que as súas ideas son o mellor para todos, Foron istes, días de ilusión e felicidade para a maioría dos veciños dos nosos pobos, nos que o balbordo popular, alegre e desenfadado, marcaron as pautas da convivencia cidadá; parabéns. Pero, como dí o vello aforismo, “dura pouco a alegría na casa do pobre” e aí están xa os políticos co seu antroido particular, dispostos a aflixir á veciñanza, coa tradicional murga que antecede ás eleccións, campañas dialécticas baseadas nos mesmos ou parecidos argumentos: a violencia verbal entre contendentes, acusacións mútuas, demagoxias, promesas incumpridas ata o indigno. A este carnaval esperpéntico, insulso, repetitivo e deprimente, que abate os exultantes ánimos saídos do antroido popular, achéganse mesías foráneas de reforzo, algúns, coñecidos na praza por mensaxeiros da mentira e, polo tanto, artífices da frustración que aínda lle sangra á veciñanza de Foz, Pero aínda así, as xornadas que estamos a vivir terán tamén a súa faceta humorística; de feito xa está sucedendo, porque, non me dirán que non é de risa escoitar ou ler as manifestacións dalgúns dos personaxes que prometen gobernar, se o conseguen, coa disposición ó diálogo, á transparencia e ó respecto ás persoas. Cando un le ou escoita, de certos persoeiros, tales “propósitos”, coida estar noutra galaxia…E das promesas, que non faltarán, non se preocupe, lector amigo: xa a escritora, Elvira Lindo, ten dito:”O político promete a ponte onde non hai río”. Ou sexa, o de sempre.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES