Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chegar a fin de mes

viernes, 25 de junio de 2004
Hai unha especie de consenso en relación co estado económico do País, e da economía en xeral. Dase por feito que aínda que non esteamos en tempos de vacas gordas, os últimos anos non foron malos -en xeral-, os intereses bancarios están baixos, e hai unha certa alegría no consumo. Ou sexa: Que aquelo de "España va bien" parece que segue.
E sen embargo unha recente enquisa parece poñer en dúbida esa presunta tranquilidade económica, ó establecer que só o 30,5% dos fogares españoles pode aforrar algo, mentras que o 56,45% (arredor de oito millóns) ten dificultades para chegar a fin de mes.
Chegar a fin de mes significa ir tirando, solventando problemas, eliminando día a día pequenos ou grandes desequilibrios. Seguro que os enquisados saben perfectamente o que é chegar ou non chegar a fin de mes, con grandes ou pequenas dificultades.
Resulta pois que eso de que imos ben é moi relativo. Como cantaba aquel portugués (¿ou era brasileiro?) "Uns van ben e outros mal". Neste caso imos mal -ou non imos ben- máis da metade dos hispanos.
Os resultados das enquisas son relativos. Pero as cifras son impresionantes. Chegar a fin de mes sempre nos parece dificil, pero coa man no corazón temos que recoñecer que moitas veces queixámonos de vicio. O que resposte a unha enquisa decindo que ten esas dificultades, seguro que ten problemas importantes. E que eses problemas importantes afecten á metade do colectivo español é para botarse a tremer.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES