Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parados de luxo

martes, 22 de marzo de 2011
A escola da vida: Parados de luxo

Toda sociedade que se prece debe ter unha parte da súa poboación cun nivel de preparación alto a fin de que se lle permita acadar unha cada vez maior calidade de vida.
Normalmente, este tipo de profesionais fórmanse nas universidades ou nos centros de estudos superiores. Pero preparar a estes titulados ten os seus custos. Sociais, porque, tanto as súas familias como eles mesmos, teñen que dedicar unha parte das súas vidas a adquirir a títulación que avale as súas capacidades. E económicos, porque, ao non ser unha formación gratuíta, téñenlle que destinar parte dos seus ingresos. Pola súa banda, a Administración asume a obriga de manter os soportes da formación superior (facultades, profesores, recursos, etc.).

O problema preséntase cando sobran profesionais en determinadas áreas ou cando non existen para cubrir outras. Un inconveniente que se advirte cando a planificación é inexistente ou obra con intereses particulares. É, por exemplo, irracional que a universidade galega estea triplicada, pois nun territorio onde as distancias son curtas un maior número de universidades non supón unha mellor rendibilidade dos seus recursos. Se a iso se lle engade que a diversificación e adecuación das titulacións ao territorio non son os eixos da oferta tamén se producirán desequilibrios coa demanda, o que provocará desinvestimentos importantes no capital humano e financeiro. Estes son algúns dos defectos das nosas univesidades, que, agora, en tempos de vacas fracas, están a pasar por unha crise financeira e de credibilidade importantes.

Estamos en tempos de grandes recortes, e os cidadáns debémoslles pedir a todas as nosas institucións sociais os axustes necesarios. Xa non vale manter titulacións que cada ano gradúan un número excesivo de profesionais que nunca van atopar un traballo adaptado á súa formación nin manter un corpo docente cun escaso número de alumnos. Cada titulado cústalle á súa familia e á sociedade galega entre 90.000 e 120.000 euros.

Un gasto excesivo para estar aparcado nas listas do paro ou para exercer unha ocupación para a que os seus coñecementos ou son excesivos ou son inadecuados. A racionalidade da planificación é unha das bases para conseguir unha maior rendibilidade da nosa universidade, facer calquera outra cousa é seguir polos camiños equivocados.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania