Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Geraçao á rasca

viernes, 18 de marzo de 2011
Desde o Preguntoiro: Geraçao á rasca

Este fin de semana celebrouse en Portugal a maior mobilización de xoves neste país ao marxe dos partidos e sindicatos desde a revolución do 25 de abril de 1974. Só en Lisboa contabilizouse preto de 300.000. Este desafío naceu de catro mozos desde Facebook, coa condición de que fora pacífico e laico. Ao ollar as espectaculares imaxes da T.V. Portuguesa veume ao maxín os meus anos mozos, a rebeldía que tiñamos contra as inxustizas, foi como volver a vista atrás e ver os ronseis no mar.

Ondeaban moitas pancartas, entre elas unha moi especial que chamoume a atención: “Geraçao á Rasca” (xeración desesperada), dúas palabras que o di todo, non necesito que explique o sentido e significado desa pancarta.

Unha grande lección de loita dos mozos do país veciño, non entanto, aqueles que tratan de mirar a Portugal cun complexo de superioridade está moi trabucados, temos moito que aprender deles. Votáronse á rúa non só polo dereito ao traballo, senón por un traballo digno, tomando conciencia dos seus grandes problemas, entre moitos, está a estafa económica provocada por eses mercados e banca, cousa que esta xeración nada teñen de responsabilidade deste desastre.

Neste país chamado España, onde a precariedade laboral o fracaso escolar, a taxa de paro xuvenil que está a máis do 40 %., os recortes laborais, aquí ni se moven, nin mozos nin vellos (reforma das pensións). Estas son as semellanzas entre España e Portugal, non sei se é un consolo ou unha esperanza, ou somos un país de cordeiros e conformistas ou parouse o reloxo do maxín oxidando o miolo de cuestionarse o porqué das cousas. Temos que quitarlle o sombreiro á dereita e socialdemócratas neoliberais deste país polo ben que o fixeron en anular o criterio propio polo pensamento único.

Aínda bo é que quédanos Portugal.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES