Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos queremos unha tele

jueves, 24 de junio de 2004
O Concello de Lugo ven de acordar solicitar unha licencia de televisión dixital, para posicionarse no mundo das telecomunicacións, e evitar que se perda unha posibilidade técnica e legal.

O que ocorre é que esa posible futura licencia correspóndelle a unha circunscrición da que forman parte tamén os concellos de Outeiro de Rei, Friol, Castroverde e O Corgo, que serían cotitulares desa licencia e da posible futura televisión dixital.

Non me explico como sería posible que cinco concellos se puxesen de acordo na explotación dunha estación de televisión cando os concellos do Partido xudicial de Lugo teñen os problemas que teñen para darlle destino ó edificio do antigo cárcere do Partido.

O mesmo ocorre coa vertente política: Habería que ver o xeito de explotar unha "tele" por parte dun concello gobernado polo Psoe, tres gobernados polo PP e un por un independente.

E un, que algo sabe de televisión local por ter sido "cociñeiro antes que frade", sabe que unha televisión local -como calquera medio informativo- é unha cousa demasiado seria para deixala en mans dos políticos, de por sí alegres por natureza.

Todos queremos unha tele. Pero non todos debemos (deben) ou podemos (poden) darlle gusto ó corpo.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES