Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peinador, sen antinéboa

miércoles, 23 de junio de 2004
O primeiro que eu souben de Peinador -hai case cincuenta anos- foi a noción dun aeroporto perto de Vigo, que fun visitar con miña nai a bordo dun ¿tranvía?, porque queriamos ver despegar un avión, e que non conseguimos ver realizada a nosa pretensión porque seique había un só vo diario, e a hora non coincideu.
Logo souben que aquelo era a obra dun grupo de vigueses capitaneados por Enrique Peinador, que conseguiran para Vigo un aeroporto como sinal indiscutible de progreso para potenciar a máis forte das cidades galegas.
A última nova que teño de Peinador venme a través do Faro de Vigo, para sinalar que o sistema antinéboa do aeroporto -por problemas burocráticos- non entrará en funcionamento ata o próximo outubro. E esto encheume de asombro. ¿Como é posible que o segundo aeroporto de Galicia, á beira da primeira cidade galega, non teña garantidos os aterraxes e os despegues con mal tempo?. Eu daba por feito que facía moitos anos que este sistema funcionaba en Peinador.
Aprendamos de Asturias. Comezaron os trámites ó mesmo tempo. E alí este sistema -había un Cascos polo medio- comezou a funcionar en outubro do ano pasado. Vese que o ter padriños segue sen ser malo para conseguir cousas.
Mentras tanto, Peinador está sen antinéboa. E aínda non levaron a ninguén ó xulgado.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES