Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sectarismo e endogamia no marasmo de internet

miércoles, 16 de marzo de 2011
OURENSALIA: SECTARISMO E ENDOGAMIA NO MARASMO DE INTERNET

Neste preludio da foliada final do Entroido, andaba eu á procura dun tema sobre o que escribir e niso chámame un amigo para poñerme en coñecemento un texto que acababa de ler en Internet no que alguén informaba, ó seu xeito e á súa maneira, dun acto no que o domingo pola mañá participaramos ámbolos dous.

Mentres me ía transcribindo oralmente a pseudocrónica, eu ía identificando a face da persoa que asinaba o texto e lembrando con nidieza gran parte da -por outra parte non moi longa- conversa intercambiada con el.

Estou vendo agora cómo cando chegou lle entregou un folio a unha terceira persoa que estaba con nós; cómo os saúdos protocolarios ían acompañados dunha lóxica correccion e cómo os seus acenos formais semellaban dunha prudencia que a min non me resultaban alleos dalgunha outra vez que coincidira -tamén en Celanova- con el.

Falamos, para matar o tempo de espera, de cousas que nada tiñan que ver co acto que se ía desenvolver e logo a atención requirida por outros asistentes que ían chegando tamén como asistentes ó acto, fixo que aí se acabara o intercambio de opinións.

O acto desenvolveuse máis ou menos como estaba previsto, coa cordialidade propia das súas características e rematou do mesmo xeito, sen ningunha outra eventualidade que fixese pensar en lecturas manipuladas da realidade que alí vivimos os que asistimos a el con total atención.

Sen embargo, se un le a crónica escrita en Internet polo mesmo mozo educado e afable que entrara por aquela porta facendo uso de acenos reverenciais no trato propios da terra do sol nacente; polo ton despectivo e gratuitamente insultante que utiliza respecto dalgúns dos interviñentes no acto, pensaría que non foi escrita por el. Ou, no seu defecto, botaría man do tópico do Entroido para tratar de explicarse cómo a xente non necesita ir disfrazada de nada para ser outra persoa moi diferente da que realmente semella ser.

Non é a primeira vez que me pasa e aínda así -porque no fondo son un iluso- eu quero seguir crendo na condición humana. Unha condición humana que -sen embargo- a miúdo, canto máis libre se cre, máis tristemente agrilloada vive polo sectarismo e pola endogamia que paradoxicamente tanto alimenta o marasmo e Internet.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES