Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medicamentos

martes, 15 de marzo de 2011
O tema dos medicamentos xenéricos en Galicia merece unha máis detallada explicación pública, xa que se non se produce parece unha pura pataleta do goberno central porque o autonómico se lle adiantou en tomar unha decisión que produce un aforro moi sustancioso, que pode ser aplicado en calquera outro punto da atención sanitafria galega para que siga mellorando.

Todos somos conscientes de que os medicamentos precisan dun longo proceso de investigación co conseguinte investimento cuantioso, e de complexos trámites para a súa autorización e posta no mercado, pero tamén de que os beneficios para as grandes empresas farmacéuticas lles permiten seguir disfrutando dunha Idade de Ouro que leva moitos anos en vixencia.

Seguir mantendo o mesmo nivel de calidade e precisión nos medicamentos que nos prescriben, pero aforrando a través dos denominados “xenéricos” non é un dereito das correspondentes administracións senón un deber ó que teñen que someterse, e a Administración galega non fixo máis que cumprir cunha obriga con todos nós, os galegos usuarios de atención médica e de medicamentos.

Se hai algún desfase entre os medicamentos limitados e os adxudicados, serán as autoridades médicas, os especialistas, os que teñan que pronunciarse xa que eles son competentes para decidir se os principios activos que conteñen son os axeitados para cada tratamento.

Mesmo, se hai diferencias de tipo legal, sexan os órganos especializados de cada Administracións os que razoen e dictaminen cales son os procedementos para chegar a determinados fins ou acordos.

Pero discutir por algo tan obvio non ten sentido, e máis parece discutir por cuestións puramente políticas, que só interesan ós políticos, cando se está falando de enfermos e medicamentos, e e conseguir aforrar moitos millóns de euros para a Administración autonómica que suporta o custo, conseguindo -eso hai que garantir- os mesmos resultados.

Estando na actualidade en suspenso o catálogo galego de xenéricos, queda o sistema nunha provisionalidade manifesta que ten que ter solución moi axiña. Para que os enfermos sigan a ter garantía da mellor atención; para que se consolide unha actuación que parece correcta; para que ninguén quede en evidencia como máis interesado en manterse na súa postura que en solucionar un importante problema, aforrando cantidades moi importantes ás sempre deficitarias arcas públicas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania