Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Clamor contra a corrupción

martes, 15 de marzo de 2011
A escola da vida: Clamor contra a corrupción

Hai uns días recibín un e-mail dunha plataforma na que se pidía o asinamento dos cidadáns para pórlle fin á inclusión nas listas dos partidos políticos para as vindeiras eleccións municipais e autonómicas de persoas que están imputadas como políticos corruptos en procesos xudiciais. Son centos de posibles candidatos os que están imputados e que poderían acabar sendo elixidos para oprobio dos seus pobos e autonomías. Os cidadáns que asinamos o manifesto proposto dende varias das plataformas fomos decenas de miles en poucos días, o que fai percibir que hai un verdadeiro clamor popular contra a falta de criterios éticos dos partidos que din querer ser os nosos representantes.

Tan denigrada está a clase política que as persoas honradas non queren entrar a formar parte das listas dos partidos? Creo que a colleita de escándalos é longa e seguirá aumentando se non se lle pon fin pronto. A solución para esta decadencia da ética na política pode estar na creación de novos partidos que busquen a súa renovación. Algúns xa deron o paso neste sentido. Pero non todo o novo é bo. Só hai que mirar, por exemplo, ao novo partido constituído por un antigo líder do PP en Asturias para facerse cargo disto. Tamén desde os grandes partidos xa se alzaron voces en contra dos seus novos competidores, aludindo, maniqueamente, a que estes están encarnados por persoas que buscan prebendas persoais. Todo o que poidan dicir deles téñeno eles mesmos no seu interior.

De calquera xeito, reivindicar outra política, ben sexa desde as plataformas cidadás ou desde os novos partidos, é unha opción a ter moi en conta tanto para aumentar a capacidade de elección como para corrixir a deríva tomada polos consorcios que toman o poder como algo propio, en contra do que se supón que debería ser: unha representación dos cidadáns para resolver os problemas que lles aburan.

A crise actual, quizais, non sexa tanto debida nin a motivos económicos nin a factortes sociais, senón que é unha crise establecida sobre a base de que os pretendidos representantes da cidadanía non souberon priorizar os intereses sociais e economicamente éticos fronte ás súas motivacións espureas e pardistas. Así que a renovación da ética política vai ter que ser unha tarefa común para saír desta crise.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES