Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia, Subvencionada

martes, 22 de junio de 2004
Os teóricos da economía afirman que non é bo que haxa unha tan extendida política de subvencións, por entender que as empresas dependen así en demasía da administración sen que teñan capacidade abonda de actuación ou independencia.
Pero resulta que non só as empresas senón que tamén as administracións están subvencionadas, e a Xunta de Galicia corre o perigo de reducir os seus investimentos nun 56% se fallan as axudas que ata o momento veñen da Unión Europea.
E por se esto se produce, xa hai voces que claman porque sexa o Estado o que aporte o que da administración comunitaria non veña no futuro.
Estamos falando de cifras tan importantes como que se cuantifica en 85.000 millóns de euros o que Galicia recibiu nos últimos dezaoito anos, que supoñen nas antigas pesetas 14,2 Billóns.
Que digan o que queiran os partidarios da autonomía empresarial, porque "primun vivere". Pero que sigan vindo eses fondos para unha terra coa que hai tanta débeda histórica como é Galicia, porque non quero pensar o que sería este País se nos faltase esa vitamínica inxección se con ela aínda estamos en lugares ben modestos da economía española.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES