Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deixade que os nenos...

lunes, 14 de marzo de 2011
Sempre me enternecen as noticias nas que os nenos son protagonistas. Especialmente se se refiren a temas relacionados coa educación, porque calquera acción na que os nenos participen será un froito maduro cando medren, e unha lección que non esquecerán nunca.

Na escola infantil de Vilalba hai unha vintena de mozos de dous e tres anos que hai uns días actuaron como barrendeiros ou limpadores da Praza da Constitución, dentro do programa Voz Natura no que colaboran con La Voz de Galicia.

Os nenos suplen así o traballo dos maiores, ou mellor ainda: corrixen ós maiores que botamos descuidadamente lixo, que deixamos caer papeis e obxectos que logo deberán ser recollidos. Os nenos aprenden como se recolle, de paso que entenden que non se debe manchar como facemos os maiores. E de maiores, estarán preparados para respectar o medio ambiente.
A vilalbesa Praza da Constitución é bo lugar para centrar calquera tema relativo á natureza presente ou futura, xa que mesmo á súa beira está plantado o castaño de Indias da Alameda, que substitúe ó que non hai moito tempo foi talado por enfermidade, vindo o sustituto de Lanzós para que a mesma especie arbórea luza en lugar destacado da xeografía urbana de Vilalba.

Armouse unha boa discusión por este castaño indio que, se non da froitos comestibles, si ten fermosa presencia e provoca o agarimo dos que o contemplan. Pode que un dos elementos deste agarimo sexa pola fame que en séculos pasados ten calmado a castaña, que traída a Galicia polos romanos, procedente das zonas italianas prealpinas, co seu poder calórico foi a base da alimentación dos nosos devanceiros durante séculos ata que foi sustituída ou complementada pola pataca chegada de América.

Non obstante, este noso castaño indio nada ten que ver coa alimentación, que as castañas que houbo sempre no Campo da Feira de Vilalba, do que é herdeira a praza da Constitución, nunca se puideron comer, ou así se nos informou desde a máis temperá das idades, sendo fortemente advertidos polas nosas nais de que quen comese unha castaña india quedaría enano para sempre.

Os nenos da Escola infantil vilalbesa están en idade de aprender que –pola razón que sexa- as castañas indias non son comestibles, e temos que conformarnos con admirar as súas árbores sen probar os seus froitos. Pero tamén poden aprender que non fai falla que unha árbore produza froitos saborosos para ser estimado, que outros moitos papeles hai para unha árbore, non sendo o menor de plantar cara ós ventos e enseñar a súa fermosura xeneración tras xeneración.

Que os nenos aprendan as leccións que nós tivemos que aprender por libre, sen que ninguén nolas ensinaran.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES