Súas señorías en Bruselas
Cardalda, Theo - viernes, 11 de marzo de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: SÚAS SEÑORÍAS EN BRUSELAS
O pasado xoves no Parlamento Europeo co apoio de conservadores e socialistas puxéronse de acordo (sempre o fan conxuntamente en centos de resolucións parlamentarias), para darlle 1.500 euros a cada deputado máis ao mes para que paguen aos seus asistentes, despois de que se aprobara na comisión de presupostos un aumento de 13,2 millóns de euros para esa partida a repartir entre os 736 deputados. Contra esta moca votaron os comunistas e os verdes.
Coido que isto e ter máis cara que un zapato vello. Isto é un escándalo, unha burla en un contexto de crise e austeridade, cando estes mesmos señores dos mesmos partidos votaron os recortes sociais, privatizacións e pensionazos, pagando os cidadáns os miles de millóns de euros que lle deron á banca (creadores da crise) para aumentar os beneficios aos seus accionistas e directivos.
Afirmo que son como a peste sus señorías conservadoras e socialistas, non teñen nin un chisco de dignidade, cando están a cobrar 6.200 euros cada mes limpos de po e palla, pagándolle nós, os contribuíntes, as viaxes en avión ou tren, cando o salario mínimo dun traballador é de 624 euros/mes. Que teñamos que cotizar 35 anos para cobrar a pensión de fame, cando sus señorías con sete anos xa teñan a manduca asegurada abondo sen dar un pao á auga. Son estes traballadores parlamentarios os únicos que están exentos de pagar o IRPF, soamente un terzo do seo soldo. Collen seis meses de vacacións, non vaia a ser que se hernien ou a palmen.
Soamente represéntanse a eles mesmos para as súa bicocas, van a servirse ou servir a la voz de su amo neoliberal, non a servir ao cidadán. Son como esa madeira ruín que xamais deu boa acha. Non en tanto, aínda temos algúns que pensaron e votaron con dignidade, como foron os verdes e os comunistas.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora