O polvorete do Concello
Xiz, Xulio - miércoles, 09 de marzo de 2011
Este luns, arredor das oito do serán, horario infantil, diante do Concello de Lugo unha orquesta nun gran escenario atacou diversos temas (resistín tres), especialmente dirixidos ós numerosos nenos presentes, que me deixaron abraiado.
Un deles foi Paquito Chocolatero, na que a vocalista deu instruccións ós nenos para que se situasen en ringleira, botasen el culo para atrás, e logo movesen o corpo cara adiante, en expresivo xesto que definíu dicindo toma, toma y toma....
Claro que antes interpretaron o delicado tema dos peitos da cabritiña, exitoso sempre en calquera festa multitudinaria.
Pero o instante máis forte do concerto brevemente contemplado foi esa tremenda canción que fala dos galos e os seus xeitos amatorios, onde subiron ó escenario a nove nenos e nenas para preguntarlles se coñecían a canción do Polvorete, e diante da contestación negativa dos pequenos preguntábase con sonora voz que cousas lles ensinaban no seu colexio, dando a entender que ela había tempo que estaba aiuna deses temas.
Ao fin, a canción xurdíu explosiva con dous cantantes no escenario e nove nenos entreles, que escoitaban o de Quien tuviera la suerte que tiene el gallo¡. El gallo sube, echa su polvorete, y se sacude, gráficamente relatado en lección extraescolar como se fose coñecemento do medio, patrocinada polo concello.
Abandoamos a Praza Maior na percura da alegría das charangas. Vinme compensado pola música ofrecida polos meus veciños da Charanga de Vilalba. A súa música era para todos os públicos.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora