Lorenzo Varela
X.X. - lunes, 21 de junio de 2004
A Real Academia Galega ven de decidir que o próximo Día das letras galegas se adique a Lorenzo Varela.
Os monterrosinos están de festa. Galicia debe estar de festa por honrar -post morten- a un galego senlleiro ó que a vida (política) fixo exilarse, e que cando volveu a Galicia non a recoñeceu e comprendeu que se fora non podía vivir, tampouco podía vivir dentro de Galicia.
As Letras de Galicia teñen feito xusticia ós galegos que exerceron de galegos desde máis lonxe: Luis Seoane, Blanco-Amor... E agora, ¡Lorenzo Varela!.
O grupo A Quenlla canta un poema de Lorenzo que proclama que Aramos sobre os mortos desta terra / e o noso pan ten un sabor de osos / familiares, irmáns....
É moita hora de que fagamos xusticia galega ós mortos nosos que quixeron ser galegos lonxe, pero non puideron conseguir ser galegos xunto de nós.
Lorenzo Varela morreu de amor á terra, como Cabanillas dixo de Castelao: Do mal dos bos e xenerosos. É moita hora que algo dese amor se lle devolva cun ano adicado a el.
Mágoa que en vida non houbese quen mirase para el, agás Isaac Díaz Pardo. Mágoa que ninguén soubese del cando voltou. Mágoa que Galicia non estivese preparada para acoller a Lorenzo Varela cando voltou do exilio da Arxentina para sepultarse nun exilio interior moito máis sangrante.
¡Honremos a Lorenzo de morto xa que non soubemos respectalo de vivo!.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora