Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mar Aberto

Fernández, Suso - miércoles, 09 de marzo de 2011
A música e a poesía, en calquera manifestación cultural, resulta sempre unha acertada combinación e fala, en primeira instancia, da sensibilidade das persoas que, dende as responsabilidades das súas funcións, teñen a misión de deseñar, programar e coidar da realización de todo evento que non só teña a finalidade de proporcionar un tempo de lecer á cidadanía; senon que o mesmo debe ter unha compoñente didáctica, aleccionadora. Sobre todo cando a iniciativa emana dun órgano da administración pública, sempre atenta -así debería ser, cando menos- á mellora cultural e social da veciñanza, obxetivo que, con calquera motivo, nalgunha medida debería perseguirse. Isto é o que dende hai uns anos ven facendo a bibliotecaria de Foz, Chús Alvarez, que comeza por convocar, co gallo anual de san Valentín, un concurso de poemas de amor - motivo supremo de inspiración poética, pois xa Lope de Vega dixera que “o amor foi o inventor dos poemas”, para ó remate do ciclo, coa entrega de premios, mesturar, en acto entrañable e sinxelo, a música e a poesía.

O devandito acto celebrouse o sábado pasado na Casa da Cultura Poeta Manuel María e os animadores musicais do mesmo foi un grupo vocal, co acompañamento de guitarra e acordeón, que se autodenomina “Mar Aberto”. Trátase dunha ducia de focegos, boa parte deles no seu día compoñentes de diversos colectivos corais, cuxo repertorio nútreo, en boa medida, as cantigas que a cotío se escoitaban pola rúas e tabernas e en toda xuntanza, nos vellos tempos nos que se prodigaban os reiseñores que ceibaban ó ar as notas doces e engaiolantes, para as que moitos -mariñeiros, sobre todo- tiñan especiais dotes e gusto interpretativo, naqueles tempos tan duros, pero de feliz memoria.

É sabido que, durante décadas, as habaneras e boleros foron as melodías preferidas, e para quen polos anos 50 encetábamos o noso “currículum” lúdico o seguen a ser. É por iso que os asistentes ó acto, a actuación de “Mar Aberto” tivo un singular encanto, ó que puxo énfase a nostalxia, a ritmo de habaneras e boleros.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES