Protagonista, o Alcalde
Editorial - miércoles, 09 de marzo de 2011
Na política local, ata non hai moito tempo o auténtico protagonista era o Concello, como institución, no que os administrados entendiamos que a denominación tanto se refería ó colectivo de concelleiros máis o alcalde, ó termo municipal e mesmo á casa (casa do concello) que o albergaba.
Despois, tendo en conta que os concellos afortunadamente deixaron de ser homoxéneos, e neles están representadas todas as forzas políticas con verdadeiro protagonismo no país, pasouse a falar de Goberno municipal e oposición. E as campañas de difusión ou publicitarias deixaban claro que o que gobernaba era o responsable dos logros obtidos polo concello, reservando para a oposición o oscuro papel de opoñerse ás decisións do goberno, resultando que a maioría das veces quen ostenta o goberno municipal é o que ten máis probabilidades de triunfar nos próximos comicios.
Un paso máis veuse a dar cando se intentou fortalecer a presidencia da institución, as alcaldías, sendo os alcaldes únicos representantes da institución.
Dentro desta evolución, seguida pola práctica totalidade dos concellos, destaca a do alcalde vigués que leva toda a lexislatura buscando un protagonismo que o pasaporte o próximo maio a similares destinos -suponse que esta vez en solitario- durante os próximos catro anos.
Así, a Alcaldía de Vigo, en lugar de Concello ou Goberno municipal figura en diversos puntos da cidade, chamando a atención sobre o órgano individual antes que o colectivo municipal, sendo o último exemplo o reparto de pequenos almohadóns que recordan ós vigueses á hora de sentarse que a Alcaldía vela por eles.
Cando as eleccións se achegan, os políticos reverdecen e procuran achegamentos máis directos co seu electorado, aínda que xa sabemos que as campañas electorais duran últimamente catro anos, exactamente o período entre unha e outra elección. Pero hai barreiras que non se deben cruzar. O reparto de coxíns, que parece representar a poltrona da alcaldía, chama demasiado a atención.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora