Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Santo Entroido

martes, 08 de marzo de 2011
Hoxe é festa en numerosos pobos de Galicia, herdeiros da vella tradición do Entroido, rescatadores destas celebracións despois do esmorecemento sufrido en tempos non lonxanos.

É esta unha das máis xenuinas, tradicionais, populares, das festas existentes de Galicia, nacida do mesmo pobo e non influída polo poder senón mesmo contra o poder que toleraba a súa existencia como válvula de escape porque eran só uns días de liberdade absoluta conquistada ó longo dos anos, que servía como contrapunto á severa realidade do resto do ano.

Hoxe non se precisa que o Entroido sexa válvula de escape dos anceios de liberdade do pobo, pero é a perfecta lembranza daqueles tempos nos que Galicia descubriu como divertirse liberándose de case todos os xugos que a oprimían.

Daquel entroido rural veñen estas celebracións que camiñan a ser propiamente urbanas porque o rural está despoboado, e as cidades están ateigadas de xentes procedentes do rural.

O Entroido esmoreceu na posguerra, que o Rexime non quería rostros cubertos polas rúas que poderían orixinar problemas de orde público. Pero a realidade social foise impoñendo, e o Entroido foi volvendo ó seu, primeiro nas sociedades que recuperaron bailes e desfiles para os seus socios, e logo conquistando a rúa nunha explosión festeira que evidenciaba que non se poden poñer portas ó campo.

Nos últimos tempos perdeuse o vello antroido, de xeito xeral, pero gañouse a xente nova, e hoxe pode ser máis infantil que de maiores, pero o caso é que sexa, e que o Entroido galego siga pervivindo, aínda que que os galegos non precisemos del para dicir o que pensamos e sentimos.

De todas maneiras nunca sobra unha festa libre onde comparsas e grupos poidan cantar as súas coplas, dicir os seus recitados, e berrar ós catro ventos que Galicia ten unha manifestación festeira que sae do pobo, e á que os poderes públicos –os que antes loitaban contra ela- só poden apoiala, difundila e potenciala.

O de santificala, xa é outra cousa, produto dun tempo no que todo estaba divinizado e os santos eran protagonistas de primeira orde. Sexa Santo, pois, se eso contribúe a que disfrutemos máis del. ¡Viva, vivamos, o Santo Antroido 2011!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES