Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Meninxite

domingo, 06 de marzo de 2011
Hai sesenta anos, unha pantasma recorreu a miña xeografía vital, e a miña terra veuse gravisimamente afectada por unha epidemia ou endemia de meninxite que fixo tremendos estragos entre os que daquela eramos moi novos, resultando eu un dos mellor librados aínda que coa eiva visual que me acompañaría coma sempre, e da que coido conseguín ser amigo.

Supoño que ademáis do meu pobo resultaría afectada máis extensa xeografía, pero entre os que quedamos e as nosas familias gardamos por sempre memoria imborrable desta enfermidade que afecta ós reductos máis sensibles do noso cerebro.

Neste tempo que media entre a traxedia e a actualidade, a medicina ten dado pasos de xigante, desapareceron enfermidades e apareceron outras aínda máis terribles, e a pantasma aquela segue aterrorizando ás xentes cando esporádicamente aparece un casou ou un foco entre os nenos galegos. Como se a ciencia nada puidese facer por este quinto xinete da apocalipse para moita xente.

Pois agora parece que de Galicia pode vir camiño de solución porque na Universidade de Santiago están sentando as bases para o desenvolvemento de estratexias de prevención e tratamento da enfermidade, en colaboración con especialistas do Reino Unido, Singapur e Australia.

Parece que existen razóns xenéticas e por aí se camiña para buscar vacunas para o maldito meningococo que en España afecta aínda a preto de 1.000 nenos ó ano, non librando tampouco os maiores que sofren a enfermidade con aínda maior virulencia.

Investígase en coñecer porque esa enfermidade é prácticamente descoñecida na China mentras é unha epidemia en África.
Agardemos que estean no bo camiño para lograr que a meninxite, para todos, non sexa máis que un mal recordo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES