Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Case todo en Internet

lunes, 07 de marzo de 2011
Para que os pais dos alumnos tivesen directo coñecemento da marcha dos estudos dos seus fillos no correspondente centro educativo, facía falla un contacto directo cos responsables do centro, e mesmo a confianza abonda no fillo para que fixese chegar ós pais as comunicacións que os centros facilitan para conseguir unha relación directa entre os implicados no proceso educativo.
Eso, ate agora e desde o comezo dos tempos. Pero Internet, como en case todo, incide de xeito directo neste aspecto do mundo estudiantil e proporcionará conexión directa dos pais de familia cos centros educativos, que consultarán en rede non só as notas obtidas polos estudantes senón tamén faltas de asistencia e xustificar estas, e mesmo pedir e confirmar citas cos titores e profesores en xeral. E os profesores poderán relacionarse on-line cos pais, comprobar asistencias, recibir información e enviar avisos.
É unha nova faceta de Internet que incide moi directamente nas familias galegas, como a Rede inflúe en prácticamente todos os ámbitos da nosa existencia. E aínda que algunhas sexan cuestionables ou deban ser utilizadas coa debida mesura, esta que nos ocupa será moi axiña imprescindible para todos os que se preocupan pola marcha dos estudos dos seus fillos.
Case todo, en Internet. Tamén os contactos entre profesores e pais de alumnos, para un mellor funcionamento do sistema educativo, e para un seguimento contínuo da formación dos nosos rapaces. Benvido sexa este avance¡.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania