Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Antroido Larpeiro

viernes, 04 de marzo de 2011
A afección á mesa abundante e ás libacións xenerosas son un dos compoñentes do talante que define ós galegos. É certo que o noso país sufríu fames históricas, a tal punto que algúns estudosos -como por exemplo o doutor García Sabell, que foi médico e antropólogo ilustre- chegan a afirmar que a obsesión pola comida en Galicia non é porque abunda, senon porque non a houbo; tese que compartía o meu inesquecible amigo, o xornalista e gastrónomo Jorge Víctor Sueiro, que vía nas fames galegas habidas esa afección dos nosos paisanos ás grandes comidas e cuchipandas, reacción contra a penuria, quizás temendo que no futuro nunca estarían o suficentemente alimentados.

É verdade que hoxe as circunstancias son outras, pero non se renuncia fácilmente a certos atavismos pracenteiros, e así, os vellos rituais, as tradicións, matéñense ó longo dos séculos para disfrute das sucesivas xeracións.

Carlos Martínez Barbeito, no seu libro “Galicia”, di que o talante galego está feito de antonimias e paradoxas; e así, aínda sen negar a verdade do tópico, mais xeralizado do que debera, que nos define só por melancólicos e soñadores, asegura que o galego, cando se tercia, é espléndido, báquico e fáustico, gran comedor, gran bebedor e gran fornicador; socarrón, irónico e dono da plenitude e da ledicia de vivir.

O apego ós dons da vida, o goce dos sentidos, os placeres da mesa e do amor; a constante sorrisa satisfeita, son na nosa terra moeda corrente. E así a ledicia galaica é, en xeral, a que se deriba da abundante comida, das libacións xenerosas e da sensualidade satisfeita.

É presisamente nas carnestolendas, días de especial permisividade, en que se rende particular tributo a don Carnal, unha das ocasións que, dende os vellos tempos de históricas fames, se reservaron para a “enchente” e así paliar, ainda que ás veces só fose ilusoriamente, a escaseza de pitanza.

A celebración do carnaval na nosa terra experimentou a lóxica evolución, do mesmo xeito que aconteceo con todo tipo de manifestacións sociais, culturais e festivas pero mantéñense, para placer de paladares, e ás veces suplicio de estómagos, as copiosas degustacións dese animal que cos seus derivados é o rei da nosa cociña, e cuxo imperio comparte tan só cos mariscos e os peixes dos nosos mares: o porco. Constitue número principalísimo do antroido o pantagruélico desfile ante o prato no que forman: o lacón e a cachucha; o touciño e a costela; a orella e o rabo; o xamón e os chourizos, a soá… co aditamento dos garabanzos, grelos e patacas, abondosamente regado todo iso con mencía ou barrantes…¡Todo un espetáculo!. Que ten ademais o seu epílogo nuns postres tan tradicionais coma exquisitos: as filloas, orellas de frade, flores de carnaval, chulas, rosquiñas… para rematar co café de pucheiro e un par de chupiños de augardente de herbas ou licor café.

Esquezámonos, pois, por uns días, lector amigo, de colesterois, ácidos úricos, glucosas e hipertensións: comamos e bebamos. A austera Coresma está aí, á volta, e non vaia ser que os xaxúns, dietas e abstinencias nos pillen desprevenidos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES