
Quen ten un porco por animal de compañía non se lle ocorre cebalo, xa que ademáis de non ter sentido, volvese patoso, lento e a cebadura faille perder axilidade física e mental. É dicir, que se non o era, tórnase nun estúpido esgoista.
Se este porco, sen cebalo, el mesmo se ceba ás agochadas, vai rematar por se cebar, sen rubor, diante da familia que o acolleu.
Por enriba se os adoptantes do animal tratan de reprendelo dicíndolle verdades coma que o sebo non é bo para a saúde, el (o porco) reprica índolles ao peto para se facer cos servizos dun de outra aldea (un estranxeiro ao fin e ao cabo) para que o defenda do que el di que son acusacións verquidas polos seus propios mantedores.
O mellor que se pode facer co porco (tendo en conta que cebado está) son chourizos e logo darllos a comer aos estranxeiros. Aos mesmos que lles deu por defendelo.
Se alguén ten que morrer intoxicado, que sexan eles.