Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As outras provincias

viernes, 18 de junio de 2004
Tense dito que a quinta provincia galega é Barcelona, polo número de galegos alí asentados. Pero tamén Arxentina ten todo o dereito para considerarse medio galega, hasta porque lle chamen "gallegos" a tódolos españois que aló residen.
Os das provincias de fora tiveron en vilo á clase política galega durante uns días agardando polo escrutinio dos seus votos, que podían cargarse o escano europeo do Bng e asignarllo ó Partido Popular.
Pero non houbo sorpresa, e o escano manteno o veterano Camilo Nogueira que ten por diante unha nova etapa de parlamentario europeo, para culminar a súa vida política ó servicio do nacionalismo galego.
No PP cóidase que o voto da emigración é maioritariamente seu, mentras que nesta ocasión o Psoe conseguiu alí uns excelentes resultados.
Hai quen di que a emigración arxentina ten como especial credo o de que os seus membros son simultaneamente socialistas e fraguistas e por eso se dan eses especiais resultados.
Pois a ver como se amañan agora que Fraga renuncia a presentarse e se aveciñan profundos cambios nas filas populares sen o vilalbés á cabeza.
Está moi ben que as outras provincias voten en/con Galicia, e inflúan na marcha do noso País. Alomenos deste xeito garántese que a emigración non quede esquecida e que Galicia apoie a súa maltreita economía. E así enténdense as xiras sudamericanas de políticos de tódolos signos.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES